Thursday 25 de April de 2024

O concello contratará dez persoas para formar as brigadas contra incendios


O BOP publica hoxe as bases das convocatorias.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publica hoxe as bases das convocatorias de selección de persoal por parte do Concello da Laracha para formar dúas brigadas municipais de prevención, vixilancia e defensa contra incendios que estarán operativas durante un período de tres meses.
Cada unha das cuadrillas estaría formada por un xefe de brigada, un peón-condutor e tres peóns, polo que en total o Concello pretende contratar dez persoas para prestar este servizo.

O prazo de presentación de solicitudes para participar no procedemento de selección é de cinco días hábiles a contar desde mañá.

O sistema selectivo será o concurso oposición libre, cun procedemento áxil que respectará os principios de igualdade, mérito, capacidade, publicidade, transparencia, obxectividade, eficacia, eficiencia e axilidade.

A fase de concurso consistirá na valoración da experiencia profesional e a formación de cada aspirante. A fase de oposición consta dun exercicio de aptitudes físicas, un exame práctico e, de ser o caso, a proba de coñecemento da lingua galega se non se acredita o seu coñecemento.
Ademais das dez persoas que serán contratadas, tamén se formará unha bolsa de reserva para cubrir posibles baixas.